Actualmente este concepto úsase noutros territorios máis amplos que a cunca hidrográfica. Por iso os estados adoitan facer estudos dos balances hídricos do seu territorio. Os datos do balance hídrico poñen de manifesto a contribución total duns 109 km3/ano á rede fluvial española (da orde dun terzo dos 346 km3/ano), dos que tres cuartas partes son escorrentía superficial directa e unha cuarta parte é escorrentía subterránea.
As transferencias externas, neste caso, xogan a favor do valor do cálculo dado o seu carácter peninsular, separado do resto por cordilleiras, e insular, e, polo tanto, o seu grande illamento xeográfico en relación con outros países da contorna.