O Sol, motor do movemento

O Sol, motor do movemento

Como acabamos de ver no capítulo anterior, actualmente os científicos consideran que a auga chegou á Terra dende a liña de neve, arrastrada polo movemento de meteoritos e corpos semellantes que, na súa traxectoria, se encontraron coa superficie terrestre.

Dende aquela, a auga continúa en constante movemento, tamén polo interior da Terra, e seguindo percorridos tan pintorescos e calorosos como son os volcáns e os geyseres. Non obstante, dende que a temperatura descendeu dabondo para que a auga se condensase en forma da chuvia que encheu as primeiras cuncas oceánicas, o principal motor do movemento é o Sol, e no seu percorrido intercámbianse os tres estados: sólido (casquetes polares, glaciares), líquido (mares, ríos, lagos e acuíferos) e gasoso (néboas e nubes).