As nebulosas están formadas por auga

Figura 1.1 Nebulosa

Se ollamos o ceo nunha noite despexada e escura, só veremos estrelas. Pero os astrónomos, empregando telescopios, poden distinguir moitos outros obxectos. Por exemplo, as nebulosas, que parecen, como indica o seu nome, enormes nubes situadas entre as estrelas. Pero as nubes que coñecemos na Terra están formadas por pequenísimas pinguiñas de auga ou cristais de xeo. De que estarán feitas as nebulosas?

As análises das nebulosas proporcionáronlles aos científicos un resultado sorprendente: en case todas as nebulosas analizadas existe auga! Quer dicir, que as nebulosas se asemellan ás nubes inda máis do que crían os que lles puxeron ese nome.

As semellanzas rematan aí: as nebulosas están a temperaturas moi altas (por riba dos 10.000ºC) e compóñense de gases e po, non de líquidos nin de xeo, coma as nubes. Os gases son moi variados: ademais do vapor de auga, ata agora atopáronse máis de 60 clases distintas, como, por exemplo, alcol (inda que non do que hai no viño). As nebulosas parecen grandes factorías cheas de compostos químicos.