A distribución das precipitacións está relacionada coa circulación atmosférica, dado que o vapor de auga é un dos compoñentes do aire e, como vimos, a súa condensación, cando o aire húmido se satura ao baixar a temperatura, vai determinar a formación de precipitacións.
Entre os factores que determinan o clima destacan as precipitacións e a temperatura. A temperatura está moi relacionada coa insolación e, polo tanto, coa latitude. As precipitacións, como vimos, teñen moito que ver coa circulación atmosférica, que é no que nos imos centrar a continuación.