Arrefriamento da superficie e quentamento do fondo

Arrefriamento da superficie e quentamento do fondo.
A lava que xorde do fondo mariño empurra os continentes, ensanchándose así o océano.

Ao mesmo tempo que arrefriaban, algo acontecía no seu fondo: a maioría dos volcáns submarinos aliñábase ao longo de grandes fendas polas que xurdían enormes masas de lava. Isto sucedía porque, co arrefriamento, a cortiza da Terra tornou máis grosa e máis crebadiza.

As masas de lava que xurdían das fendas empurraban o fondo mariño cara aos lados, así que o océano se ensanchaba, movendo tamén os continentes, que podían acabar topando uns cos outros. E iso é o que segue a pasar agora: os continentes continúan movéndose. A principios do século pasado, cando os científicos comezaron a atopar probas dos movementos continentais, creron que se movían como barcos á deriva. Por iso aquela primeira teoría se chamou deriva continental. Non obstante, segundo acabamos de ver, os continentes están como soldados aos fondos oceánicos, que os arrastran.