As causas destas enormes variacións na temperatura do noso planeta comezáronse a comprender aínda hai pouco. Contra o que se podería pensar, non se descubriu ningunha influencia do Sol nestes grandes cambios climáticos. Pola contra, semella que son os planetas os responsables do seu clima; o Sol limítase a enviarlles grandes cantidades de enerxía e os planetas adminístrana. O regulador son os gases de efecto invernadoiro, cuxa concentración, que varía moito, orixina unha secuencia de efectos en cadea; ou sexa, o que na teoría de sistemas se chama un efecto dominó. Por exemplo, o Grande Invernadoiro parece ser o resultado dun período de vulcanismo moi intenso que encheu a atmosfera de CO2. Este efecto xa o estudamos na Unidade Didáctica 1