Xeografía de Europa occidental e América do Norte hai 275 millóns de anos. Galicia e Terranova son veciñas: o choque dos dous continentes formou grandes cadeas de montañas.
En varias épocas (por exemplo, hai 500 e 250 millóns de anos) todos os océanos da Terra foron un só, que os científicos denominaron Pantalasa. Isto significa que todos os continentes estaban tamén xuntos e formaban unha Panxea.
O único océano que existiu sempre é o Pacífico, inda que a súa extensión e forma mudaron moito.
O océano Índico empezouse a formar hai 100 millóns de anos e alcanzou a súa extensión actual hai só 70 anos.
O océano Índico hai 83 millóns de anos: India, que antes estaba unida á Antártida, é unha illa que camiña cara ao norte. Dentro de dez millóns de anos chocará co sur de Asia, dando orixe ao Himalaia.