E para rematar, chegamos aos confíns do Sistema Solar, o reino dos cometas, compostos por auga nas súas catro quintas partes; a última proba de que, aínda que vivamos nun mundo formado sobre todo por rochas, a auga é o composto máis estendido entre os corpos deste sistema e, moi probablemente tamén, nos moitos outros sistemas de planetas do Universo.
O núcleo do cometa Halley, de 13 x 7 quilómetros, libera gases (vapor de auga, sobre todo) no seu paso cerca do Sol en 1986.