A clave para avanzar dende este modelo ao actual estivo na cuantificación. Medindo a auga das precipitacións que chegaban á cunca do Sena, e comparándoa co seu caudal, que daquela xa era coñecido, atopouse unha coincidencia, que abriu o ciclo da auga á atmosfera e o deixou configurado como o modelo científico que se mantivo ata os nosos días.