Aínda que un marco conceptual fundamental para interpretación da hidrosfera e da súa evolución, dende o punto de vista da resolución práctica de problemas ambientais prácticos, o modelo do ciclo hidrolóxico é moi limitado, porque é unha manifestación sintética, cíclica e global do conxunto de procesos hídricos que tiveron ou terían lugar na natureza en ausencia da intervención humana. Por iso, como veremos máis adiante, para interpretar o efecto dos nosos impactos sobre a auga, imos ter que recorrer en moitos casos a balances hídricos de escala máis de detalle.
Os procesos que se representan mentalmente conectados como un ciclo en actividade continua a escala global son a evapotranspiración, a precipitación, a infiltración, a percolación e a escorrentía superfical e subterránea.