Sabana.
O factor fundamental na configuración dos biomas é a dispoñibilidade da auga durante a época de crecemento das plantas. Onde non hai escaseza o arboredo é denso e a vexetación cobre toda a superficie de solo fértil, como na selva ou un bosque temperado de carballos. Cando a auga empeza a escasear, as plantas necesitan explorar coas súas raíces un maior volume de solo para obter a auga que precisan e teñen que separarse cada vez máis unas doutras. As árbores e a vexetación xa non ocupan toda a superficie, senón que aparecen separadas, como ocorre coas aciñeiras da devesa, ou cos baobab da sabana, que aparecen illados e sen que as súas copas cheguen a tocarse.
E o segundo factor que matiza os biomas, como se dixo, é a temperatura. Alí onde non baixa dun determinado valor en todo o ano, considérase que non hai estación fría e as plantas poden crecer continuamente todos os meses do ano (agás que haxa unha estación seca). É o caso das selvas tropicais. Nestas rexións, e alí onde hai solo utilizable, a agricultura é moi produtiva, pois ao non haber parada invernal de crecemento pódense obter colleitas todos os meses do ano, especialmente se hai acceso a auga abundante para a rega e a auga non é un factor limitante.
As rexións con maiores precipitacións son as correspondentes ás selvas que se estenden dende as zonas ecuatoriais aos trópicos. Son zonas onde as choivas anuais superan os 200 cm3 e onde caen polo menos 12 cm3 de auga (foto dunha selva). Segundo o modelo de celas, correspóndense con zonas de baixas presións debido ao ascenso de aire quente nos arredores do ecuador.