A auga é realmente un composto abundante no Universo.
Pero, isto tamén será certo no Sistema Solar, o noso conxunto de planetas? Para respondermos esta pregunta, temos que facer unha viaxe no tempo.
A nosa cápsula do tempo aproxímase ao que agora é o Sistema Solar, pero recuamos 4.600 millóns de anos. Vemos o Sol a emitir as súas primeiras luces, veladas por mestas nubes de gases e partículas sólidas. Ao achegármonos, distinguimos un remuíño de billóns de pequenas partículas que xiran e chocan. Mais, onde está a auga?