A auga de volta a Terra dende mais aló da liña de neve.

Figura 7

Vaia problema, non? Resulta que, segundo eses viaxeiros do tempo que son os científicos, que estudan a orixe do Sistema Solar, na Terra non debería de haber nin pinga de auga. Entón, que pasa cos océanos, mares, lagos, ríos, auga subterránea e a auga das nubes? De onde saíron?

Segundo os científicos, chegaron do ceo. Os planetas non estiveron sempre nas súas posicións actuais, senón que, apenas formados, emigraron a outras órbitas. A migración de Xúpiter e Saturno creou un caos entre os asteroides, e millóns deles foron expulsados do Sistema Solar, ou caeron sobre a Terra e os outros planetas. Algúns destes asteroides formáranse do lado mollado da liña de neve, polo que contiñan auga. E esa é a orixe dos nosos océanos.