No medio da nebulosa hai moitas estrelas. Estudando a luz que emiten, os astrónomos poden deducir a súa idade aproximada. E case sempre obteñen o mesmo resultado: a maioría das estrelas relacionadas coas nebulosas son moi novas. Ademais, empregando o seu instrumento máis potente, o telescopio espacial Hubble.
O telescopio espacial Hubble foi posto en órbita (a 593 km de altura) en 1990 e calcúlase que seguirá operativo ata mediados desta década. Pesa 11 toneladas e o seu espello mide 2,4 metros. | |
Catro exemplos de estrelas nacendo na nebulosa de Orión, aínda rodeadas por unha nube de gas e po a partir da cal se formarán planetas. |
Ademais dos parecidos que atopaches, hai moitas probas de que as estrelas se forman cando se contraen partes densas dunha nebulosa. Por exemplo, moitas estrelas novas están arrodeadas por restos de nebulosas.