Como podes ver na figura, esta liña de neve non se asemella nadiña ás da Terra, senón que separa o Sistema Solar, acabado de nacer, en dúas zonas: na parte que estaba máis cerca do Sol, a temperatura era alta de máis para que a auga fose estable. Por iso este importante composto quedou na parte exterior. A zona seca abarcaba Mercurio, Venus, a Terra e Marte, namentres que a zona con auga comprendía Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. A fronteira entre as dúas, ou sexa, a “liña de neve” pasaba polo cinto de asteroides, os millóns de pequenos corpos que están entre Marte e Xúpiter.