E unha última cousa: cando vexas na tele unha erupción volcánica desas que teñen un bo penacho de gases (Foto 2 de un volcán emitiendo mucho vapor de auga), ten presente que parte do gas é vapor de auga que vén do interior da Terra. Isto non se opón ao que acabamos de ver: a auga dos asteroides mesturouse cos outros compoñentes da Terra e parte dela quedou no interior do planeta, de onde os volcáns a extraen pouco e pouco. Como ben sabía O Principiño, os volcáns son coma chemineas (por iso limpaba o seu volcán cun desenfeluxador) por onde saen calor e materiais profundos.